Crónicas desde Galicia
Iniciativas locais | Local activities | Iniziative locali | Atividades locais
Foi a comezos deste verán, cando o grupo galego de mozas e mozos embarcado neste proxecto, iniciou a súa aventura na procura de Muses.
Como primeiro paso, compartimos as mañás dunha semana para descubrir, aprender, reflexionar, debater e formarnos en materia de xénero, para así poder atinar cos criterios para procurar e seleccionar ás nosas Muses. Así mesmo, tamén nos formamos en como realizar unha entrevista, como rexistrala audiovisualmente cun smartphone e como editar os vídeos da mesma para así poder producir as cinco videoentrevistas a iniciativas feministas no ámbito cultural e artístico galego contempladas nas accións deste proxecto.
Para seleccionar ás cinco Muses ás que entrevistar, primeiramente fixemos un mapeamento de iniciativas feministas no ámbito cultural e artístico galego, de entre as que o grupo decidiu seleccionar un exemplo representativo de cada ámbito artístico (artes escénicas, artes plásticas, audiovisual, literario e musical) como abano para mostrar.
Logo da formación recibida a comezos de verán, o grupo de mozas e mozos elaborou o guión de preguntas, contactou coas Muses e realizou de maneira profesional e autónoma as videoentrevistas, as cales se atopan nestes intres no forno de edición.
Durante todo este proceso, tivemos a oportunidade de coñecer en profundidade experiencias inspiradoras de mulleres bravas e emprendedoras no ámbito cultural e artístico que coas súas accións, axudan a combater as desigualdades de xénero. Tamén levamos boa alegría ao atoparnos con homes feministas participantes destas iniciativas. A través das conversas coas Musas, tamén puidemos comprobar que todos aqueles estereotipos, prexuízos e barreiras de xénero ás que se tiveron ou teñen que enfrontar na súa actividade artística, concordan con aqueles que identificamos a comezos de verán na formación teórica. Esa parte teórica tornouse real para o grupo grazas aos exemplos de vivencias en primeira persoa que as Musas nos compartiron durante as entrevistas.
Ademais das grandes descubertas que estamos a ter e de todo o que estamos aprendendo, tamén temos o peito enchido, pois cada unha das Musas entrevistadas trasladounos a súa gratitude polo necesario traballo que estamos a realizar e por teres contado con ela. Así mesmo, tamén nos trasladan os seus máis sinceros parabéns polo bo trato recibido, a calidade de contidos da entrevista e a profesionalidade demostrada polo grupo.

As videoentrevistas resultantes desta fantástica experiencia foron difundidas a través da web do proxecto e da canle de Youtube e redes sociais do mesmo, acción replicada por todos os axentes involucrados nelas, multiplicando así o seu impacto.
Para podermos continuar co liña de traballo iniciada neste proxecto e multiplicar o seu impacto en territorio galego, candidatamos á convocatoria de Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural da Deputación da Coruña co proxecto 'Lévedo Lilá', o cal nos foi concedido.
Grazas a este proxecto complementario, puidemos transformar a galería audiovisual coas videoentrevistas a Musas galegas nunha exposición en formato físico composta por 6 paneis onde se presentaba en cada un deles a unha das Musas entrevistadas xunto cun código QR mediante o cal poder visualizar a entrevista.
Esta exposición itinerou por diversos espazos culturais da cidade coma o Museo do Pobo Galego, a Biblioteca Pública 'Ánxel Casal', a Casa de Mulleres 'Xohana Torres'; así como tamén por centros socioculturais e institutos de ensino secundario da contorna.
Así mesmo, tamén nos permitiu elaborar unha guía didáctica orientada a persoal educador tanto do ámbito formal coma non formal a modo de titorial, para poderen replicar a proposta de intervención co colectivo mozo para a identificación e visibilización de referentes culturais e sociais con enfoque feminista da súa contorna, partindo do proceso de traballo realizado co grupo de adolescentes participantes do proxecto Muses. Esta guía foi enviada a todos os centros de ensino secundario da provincia, así como a entidades que operan no ámbito da educación non formal co colectivo mozo.
Como cúspide do proxecto 'Lévedo Lilá', programouse unha Biblioteca Vivente baixo o mesmo título, unha novidosa actividade na que os libros son persoas e a lectura dos mesmos unha conversa, para poder dialogar directamente con algúns destes referentes feministas da esfera cultural e artística aos que poder coñecer de primeira man, confrontar prexuízos, e dos que poder tirar aprendizaxes e servir de inspiración.
A Biblioteca Vivente desenvolveuse durante unha tarde do mes de febreiro no Museo do Pobo Galego e na cal participaron unhas 50 persoas como público lector, máximo de participantes que podía acoller a actividade por mor do espazo e das restricións sanitarias. De entre este, destácase a participación do profesorado e alumnado de segundo ano do Ciclo Superior de Animación Sociocultural de Compostela.
Grazas ao proxecto Lévedo Lilá, puidemos multiplicar o impacto do proxecto Muses en territorio galego e propiciar a súa continuidade no tempo.
As accións realizadas neste proxecto, co complemento de Lévedo Lilá, son a sementeira de lentes morados para a mocidade, ferramenta necesaria para que poidan facer unha lectura crítica da sociedade, e da que se espera unha colleita feminista que contribúa a transformar a nosa realidade social nunha na que a equidade entre as persoas sexa unha realidade.