Xandobela | Educación e cultura
En Xandobela | Educación e Cultura traballamos os vellos ámbitos da cultura e da relación entre as persoas, desde os valores e métodos que ofrece a educación non formal, favorecendo a actitude integradora, creativa e lúdica.
Somos persoas educadas no asociacionismo galego, con compromiso e experiencia no traballo sociocultural de base e en rede de numerosos colectivos e programas, e contamos con ampla e variada formación en pedagoxía, educación social, dinamización e xestión sociocultural, dirección de proxectos de tempo libre e de educación non formal.
De maneira especial, promocionamos a lectura, a lingua, a cultura, o patrimonio, as artes, o xogo… pivotando nas súas potencialidades lúdicas, expresivas e creativas, e conxugando o pracer coa aprendizaxe e a divulgación cultural. Son moi numerosos os proxectos que fomos deseñando ao longo de todos estes anos, chegando a nos especializar no deseño de proxectos novidosos, participativos e creativos. De vagariño, creamos fórmulas metodolóxicas propias, sinxelas pero altamente efectivas na busca dos obxectivos que cada proxecto persegue.